FESTIVAL NADAL

Hoxe, os máis pequenos foron uns artistas!!!
Bailaron, acompañados pol@s nen@s de segundo, unha panxoliña titulada : " Tres pastelitos"
Aqui vola deixo para que miredes, ainda que a calidade non é moi boa. A volta das vacacións intentarei melloralo.
Espero que vos guste e deséxovos un BO NADAL.

A visita de Papá Noel

Hoxe, tivemos unha visita inesperada. Papá Noel viu a nosa clase. Quedamos todos abraiados. Papá Noel estaba alí, o noso carón. De un en un fumos a xunto de, e lle contamos o que queriamos que nos trouxera. Esperamos que o noso desexo se cumpla.


CONTACONTOS 3

O papá de Rocío, foi outro dos voluntarios para leer un conto @s cativ@s. O conto que elexiu foi "A min non me comas"
Todos estabamos moi atentos para ver que facia o monstro vermello.
Mirade que ven o fixo.

CUMPLEANOS AMALIA

Onte Amalia estivo de cumpleanos. Xa ten 3 anos!!! Para festexalo trouxo o cole unha morea de pasteis, que estaban boísimos.
Ademáis tamén repartiu caramelos entre todos os seus amiguiños.



ADORNAMOS A ÁRBORE DE NADAL

O Nadal xa está moi próximo e para ir preparándonos para a festa imos adornar esta bonita árbore.
Pulsa na imaxe para comezar o xogo

BAILAMOS CON ELMO

Aquí vos deixo un enlace para que bailedes e os divirtades todos xuntos.
Elexide a parte do corpo que queredes mover e imitade a Elmo. Podemos mover todo o corpo a vez. Cada vez que pulsemos nunha parte do corpo os movementos serán distintos.
 Pulsa na imaxe para comezar. 

ESCRIBIMOS OS NOSOS NOMES

Xa sabemos escribir os nosos nomes!!!
Mirade que ben o fixemos. Os acompañamos da nosa foto é dun nome animado.

ZIPI ZAPE

O longo deste trimestre, no cole estamos a traballar " O comic". A aula de 3 anos decidiu coñecer as aventuras de ZIPI e ZAPE. Para familiarzarnos co tema coloreamos un debuxo dos dous protagonistas. Mirade que chulo nos quedou.
                                                                            

Familias Lectoras- Contacontos 2

Xa temos o novo contacontos do proxecto " Familias Lectoras". Esta vez foi o turno de Lucía, a mamá de nayara. O conto elexido foi " Noddy y el pincel mágico" Mirade o ben que o fixo. Parabéns  Lucía!

Famillias Lectoras

Este ano, como xa sabedes, dende o cole estase a levar a cabo un novo proxecto: Familias lectoras. Unha nai voluntaria ven a biblioteca da escola a leer e representar un bonito conto. A primeira mamá voluntaria, foi a mamá de Raúl, que a pesar dos seus nervios o fixo de maravillla.
Mirade, mirade!! Estade moi atentos . A montaxe deste video foi realizada pola profe Noa.

O outono




Para traballar o outono @s nen@s de 3 anos fixemos un pequeno libro coas características principais desta estación. O libro é unha adapatación a outro libro atopado na web.
Escoitade como o leemos. Xa somos maiores!!


Cancion Halloween


 

A profe Leti ensinounos unha canción de Hallloween moi divertida. Con ela tamén fixemos unhas maracas en forma de morcego, para o noso baile. 
 A canción é a seguinte:
Son un morcego
moi pregiceiro
non qeuro madrugar
á noite vou voar.

Halloween-Samain

 

Por fin chegou a festa de Halloween. Todos viñemos o cole disfrazados e os que non viñeron a profe pintounos. Estabamos moi nerviosos e non parabamos de movernos dun lado para outro. Collemos as nosas cabazas e fixemonos fotos, tamen fixemos fotos diante da nosa porta terrorífica, e . . . cando foi a hora fumos a xogar o patio. O profe Pepe preparou un xogos tradicionais para que o pasaramos moi ben. Finalizados os xogos fumos comer as ricas castañas. E todo isto queda reflexado, nesta morea de fotos.

HALLOWEEN.

Hallowen chegou a aula de tres anos. O vindeiro mércores,  imos celebrar Halloween no cole . Levamos xa varios días traballando no tema, e estamos moi entusiasmados coa festa. Xa sabemos moitas cousas desta festa: adornanse calabazas  con caras monstruosas, disfrazámonos de "cousas" que dan medo, os nen@s van polas casa buscando caramelos.
 Para seguir traballando un pouco máis no tema, aí van uns xogos.

  Disfrazámonos de monstruos


Facendo monstruos


Pinta a cabaza máis terrorífica











Cumple Nayara

                      PARABENS NAYARA!!!


Nayara xa ten 3 anos. Para celebralo a súa mamá fixo unha tarta moi rica de tres chocolates, que, despois de sopralas velas e cantar o cumpreanos feliz, comemos todos. A tarta estaba boísima!






O OUTONO
Coa chegada do outono, quixemos adornar un pouco o cole, é unha das actividades que nos propuxeron foi facer un espantapáxaros. Os papis axudáronnos, e empregando un montón de materias diferentes fixemos cousas tan bonitas como estas:
 

XA SOMOS MAIORES!!!
Este ano empezamos no cole dos maiores e todos vimos moi contentos.
Nos primeiros días fixemos un montón de cousas: xogamos, pintamos, traballamos cos pinchiños, etc

PACHO VAI A LUA


 O longo do 1º trimestre, dende o cole, estivose a traballar a elaboracion dun conto para o obradoiro de "  Lectura e escritura" O conto leva por protagonista a mascota da biblioteca " Pacho" Os nenos de 3 anos decidimos embarcar a Pacho nun viaxe a lúa e este é o resulado.