FAMILIAS LECTORAS 2013-2014

A primeira mamá, en participar este ano no proxecto " Familias Lectoras" , foi Aurora, a mamá de Raúl. O conto que elexiu titulábase " A avoa non quere comer"
Despois dunha entretida lectura,  agasallou os máis cativos cun bonito marcapáxinas relacionado co tema, para poder así seguir traballando o conto na aula.
Moitas grazas !!!

HALLOWEEN 2013

Para festexar Halloween, fumos disfrazados o cole de "cousas terroríficas". Na nosa aula, estabanos esperando un divertido esqueleto, co que quixemos quitarnos unha foto. 
Estade moi atentos as fotos, por que case non se nos recoñece!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design created with Smilebox

Samain 2013

Este ano, no cole, propusoxe unha nova actividade para facer coas familias. Tratábase de decorar mazarocas, da forma máis terrorífica posible. Xurdiron cosas moi bonitas e orixinais. Aqui vos deixo fotos dos cativ@s coa sua mazaroca. 
Estan chulísimas!!!

A protagonista da semana foi : " NAHIR"

Durante unha semana, Nahir foi a protagonista da clase. Contounos un montón de cosas sobre ela: o seu conto favorito, a comida que máis lle gusta, o animal preferido ...
Ademáis trouxo o cole fotos da sua familia, e explicounos a todos quenes eran, e tamén nos ensinou cal era o xoguete da sua casa que máis lle gustaba. Se queredes ver o resultado desta semana de traballo tan so tedes que pulsar nas fotos para ver así, o libro que confeccionamos.




Nayara xa ten 4 anos

O venres Nayara, trouxo ó cole unha bonita tarta que fixo a súa nai para  festexar con todos o seu cumple. Xa ten 4 anos. Puxemoslle unha coroa de princesa e cantámoslle o cumpleanos feliz, para despois comer un bo anaco de tarta, que estaba boisima!!
Ademáis Agasallounos cun vasiños cheo de chuches! Moitísimas grazas Nayi, e sobre todo moitas felicidades.

Os animais do outono

Este mes, no cole estivemos traballando o outono. Coas familias, recollimos follas de todas as cores, tamaños, formas, ... para finalmente facer uns bonitos animais .
Aqui vos deixo as nosas obras de arte.


HORA DE LER

Este ano, os máis cativos da escola decidimos unirnos o resto da escola, e formar parte do proxecto " Hora de Ler". Este, consiste en , despois das rutinas de chegada, cada nen@ colle un libro da biblioteca de aula, e durante 5- 10 min o le, o ollea, ... Con isto, pretendemos  fomentar o hábito de lectura.
Mirade, que a gusto estaban o primeiro día.



Cumple Héctor

Hoxe, o primeiro día de clase, comezamos xa con celebracións. Héctor estivo de cumpleanos, XA TEN 4 ANOS,  e quixo festexalo cos seus amigos na escola. Para iso, trouxo unha bonita tarta en forma de tren e un paquetiño de caramelos para que empecemos con bo sabor de boca.

PARABÉNS HÉCTOR.















BENVIDOS Á ESCOLA

Un novo curso acaba de comezar, e con él moitas novas: novos compañeiros, novos xogos, novos traballos...
Dende aquí, quero desexarvos a todos un bo comenzo de curso.

 

Brochetas de Froitas

@S NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL, DESPOIS DE TODO O ANO TRABALLANDO COAS FROITAS E COÑECENDO AS SÚAS PROPIEDADES, QUIXEMOS DESPEDIR O CURSO FACENDO UNHA RIQUÍSIMAS BROCHETAS.   CON PIÑA, AMORODOS, KIWI E MELÓN...FIXEMOS UNHAS BROCHETAS FRESCAS E SABROSAS PARA DARLLE A BENVIDA AO VERÁN.  PREMEDE E MIRADE....
creado con Smilebox

Cumple Álvaro

Hoxe Álvaro, celebrou o seu cumple na escola cos seus amig@s.
A súa mamá trouxo un rica tarta de chocolate e fresas, acompañada de globos e zume para beber.
Todos soplamos as velas con Álvaro e lle cantamos o cumpleanos feliz.
Moitisimas felicidades!!!

Ricas Froitas

Como xa sabedes, este ano estivemos participando no programa " Consumo de froitas frescas" .
Despois da última repartición de froita decidimos facer unha montaxe coa froita que máis nos gustaba. Adiviñades cal é a froita que máis nos gusta?

Cumple Paula

O día 14 de xuño, Paula estivo de aniversario. Xa ten 4 anos! e é a máis maior da clase. Para festexa-lo cos seus compañeiros trouxo unha rica tarta de chocolate, ademáis de chuches para os nenos/as e tamén para a profe.

Os nosos amigos: Os Loros

Despois de escoitar o conto que nos leu a mamá de Amalia, decidimos que queríamos ter un loro.
O máis fácil era elixir o debuxo de loro que máis nos gustaba e logo colorealo de bonitas cores.
Finalmente escollemos o seu nome.
Mirade, mirade!!!, que loros máis chulos temos.

Contacontos ( María, mamá Amalia)


María, a mamá de Amalia e de Juan,  tamén visitou a nosa biblioteca. Viña preparada para contarnos un bonito conto, titulado " O loro Robinson" Todos estivemos moi atentos, a historia gustounos moito.
Aquí vos deixo para que miredes o ben que o fixo e o atentos que estabamos.

Contacontos " Mamá Alexia"

Silvia, a mamá de Alexio, quixo participar nesta iniciativa tan bonita. Viu a nosa biblioteca a leernos dous contos, nada mais e nada menos. Os protagonistas dos contos son uns sapos amigos moi divertidos. Se queredes comprobar o ben que o fixo , so tedes que pulsar no video.

Nós tamén creamos

Este ano, participamos no concurso organizado pola TVG " Nós tamén creamos" Trátabase da facer unha curtametraxe sobre un conto. O conto que eleximos foi a " Escaleira", e a nosa curtametraxe é esta.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

O  16 de maio, festexamos o día das Letras Galegas. Para iso, fixemos un bonito festival todo o cole xuntos. Os nenos/as de 3 anos bailamos unha canción moi, moi rokera: O Rock da carcel.
Puxemosnos moi guapos, todos conxuntados, e este foi o resultado final.

Felicidades Mamís!!!


O agasallo máis bonito dun fillo a unha nai é agradecerlle as mamís todo o que fan por eles. Por iso, os vosos fillos fixeron un bonito video dicindo un motivo polo que vos queren moito.
Espero que vos goste e a disfrutar do día.







Día da Nai

Para festexar este bonito día, os máis pequenos decidiron facerlle un agasallo as súas mamis. Decoraron unha bonita camiseta con animais marinos, ( pois estamos a traballar ese tema). Para facela empregamos virutilla das pinturas.
 Mirade todo o que traballamos e o orgullosos/as que estamos do que fixemos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow customized with Smilebox

Día do libro

Hoxe, 23 de abril, celebrase o día do libro. Na clase fixemos uns bonitos marcapáxinas.
Primeiro eleximos a forma que desexávamos , despois o pintamos da cor que máis nos gustaba, e por último a pegamolos nun depresor. 
E o resultado foi...

Aquí vos deixo unha bonita imaxe deste fermoso día.






Contacontos 8

A última mamá en visitar a nosa biblioteca, foy a mamá de Álvaro. Traía preparado un bonito conto titulado " El ratoncito Pérez".
Todos estivemos moi calados e atentos , esperando escoitar a maravillosa do ratoncito Pérez. O tema nos interesaba moito, pois dentro de dous anos máis ou menos os nosos dentes caeranse, e será ese ratió que veña buscalos.
Se queredes ver que ben o fixo Paula, tan só tedes que premer no video.

Moitas gracias Paula. Ata a próxima.

A primavera


Para traballar a primavera , fixemos un bonito mural. Empregamos os nosos pés e as nosas mans para facer as flores e as mariposas. Mirade que bonito nos quedou.


CONTACONTOS KALANDRAKA

Hoxe viñeron o cole duas persoas a contarnos distintos contos da editorial Kalandraka. Estivemos moi atentos a súa lectura. Ademáis acompañaronna da realización de distintos debuxos chulisimos. Non lle quitabamos o ollo de encima.
 





Contacontos 7

A mamá de Felix, visitou a nosa biblioteca para contarnos un conto " Chusa la lechuza" Viu acompañadas de moitisimos obxetos, que empregou para a súa representación. Se queredes ver que ben o fixo tan só tedes que pulsar no video.

FACENDO POESÍA

No segundo trimestre, no cole, estivemos a traballar a poesía; escoitamos poemas, limos contos rimados,...e finalmente, creamos o nosos propio libro de pareados.  Decidimos facelos coas normas da clase, buscamos os debuxos, os coloreamos e creamos un pareado para cada norma. Se queredes ver o resultado, tan so tedes que pulsar no video.

Día do pai

Hoxe é o día do pai, e moi ilusionados fixemoslle un pequeno agasallo, que esperemos que lle guste moito.








Ademáis cun pequeno video, lle dixemos o noso papi a cousa que máis nos gusta facer con el, acompañandos dun debuxo e dun foto dos dous xuntos. Seguro que este vai ser un dos mellores agasallos para os nosos papás.

Contos e cancións para papá

Aqui vos deixo uns enlaces para o día do pai. Tratáse de dous contos e duas cancións ,que @s nen@s gustaronlle moito.

O inverno

Xa esta rematando o inverno, e nós imos deixar de falar del.
O igual, que na estación anterior fixemos un libro coas características principais do inverno.
Aqui esta o noso traballo, ainda que hai que dicir que é unha adpatación a outro libro do inverno encontrado na web.


DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Ó día 8 de marzo está adicado a tódalas mulleres traballadoras.



 No cole estivemos a falar deste día, e ...  tamén vimos un pequeno videoconto relacionado co tema, traballando así a coeducación. Estivemso moi atentos, resultou ser un "conto diferente".

Finalmente,acabamos a asamblea diciendo o que queremos ser de maiores. Eleximos os debuxos en internet, os coloreamos e despois lle puxemso a nosa foto. Se queredes averiguar o que eleximos debedes pasar as follas do libro.

Traballamos coa xeometría

Neste segundo trimestre, seguimos a traballar coa xeometría. Xa aprendimos unha nova forma xeométrica: o triángulo. Para fecelo máis divertidos fixemos figuras xeométricas cos nosos corpos, buscamos as formas en revistas e libros, as recortamos e finalmente as pegamos no seu mural correpondente. Ademáis fixemos as figuras con paos de cores. Que divertido é aprender xogando!
Se queredes ver o noso traballo fixadevos ben nas fotos.

Portfolio

Este ano, os nen@s de 3 anos, participamos nun novo programa " Portfolio". Estamos a aprender vocabulario en varios idiomas, máis en concreto en castelán, galego, inglés e frances.
A primeira actividade que fixemos foi aprender a saudar en todos estes idiomas. Mirade que ben o fixemos, xa somos uns expertos!

CONTACONTOS 6

O último papá en vir a biblioteca a contarnos un novo conto , foi o papá de Xian. Trouxo unha bonita historia titulada " Sacapenas" Queredes ver como o fixo e o atentos que estabamos? Pois premede no video. 


Lembrando a Rosalía

 O venres, todolos nen@s do centro e o profesorado participou na elaboración dun video lembrando a obra " Cantares Galegos" de Rosalía de Castro, poi tiña lugar o seu 150 aniversario.



Velaquí, o resultado do noso recitado.



Traballamos cos cadrados

Neste trimestre, estamos a traballar cos cadrados. A profe pediulles as familias que nos axudaran a facer un debuxo que estivera todo feito con  cadrados, e o resultado final foi este.

TITO VAI O PARQUE

O noso conto xa esta rematado!!!
Dende principio de curso comezamos a escribir unha pequena historia sobre a nosa mascota " Tito". Decidimos que o título para o conto iba a ser " Tito vai o parque", e así o fixemos. Cada un de nós levou o conto para casa e escribiu e dibuxou unha parte, e o resultado final foi este.

CONTACONTOS 5

A mamá de Alex e Adrián, visitou a nosa biblioteca para contarnos un novo conto: " Los chivos chivones"
Queredes ver o ben que o fixo e o atentos que estabamos. Pois so tedes que darlle a comezar o video.

DESFILE DE ENTROIDO

Por fin chegou o venres de entroido. Estabamos desexando por o noso disfraz de tomate. Moi ilusionados vestimonos, e quitamos fotos, para despois ... ir no autobús a Salvaterra. Aqui tedes algunhas fotos dese día.





As ordes do Meco

Despois de 4 días, poñendo as cousas que o Meco mandaba, quedamos así de guapos.

ORDE DO MECO

Como en anos anteriores, o Meco chegou a escola, con moitas ganas de liar. Cada día vainos dar unha orde que temos que cumprir, de non ser así un castigo imos sufrir un pequeno castigo, diante de toda escola teremos que bailar, e seguro que moita vergoña vainos dar.




 A orde do Meco para o martes.



A orde do Meco para o mércores
A última orde do Meco







ENTROIDO !!!

Para preparnos para o entroido, o venres fixemos unha diverida careta de mono, como a nosa mascota TITO. A ver si sodes capaces de adiviñar quen é quen?