LUNS 1 DE FEBREIRO

 Para os que están na casa.

Bo día !!!

Os luns temos Ed. Física e, como a semana pasada , podemos facer un pouco de exercicio o ritmo das cancions que nos propuxo a profe Paula.




Coma todo o luns podemos falar un pouquiño recordando o que fixemos a fin de semana, axudarános a mellorar a nosa expresión verbal

Despois imos contar hasta 10 , podemos escribir a recta numérica nun papel e que o nen@ vaia contando. De momento non identifican tódolos números pero si que saben contar .

Para seguir traballando cos números podemos escoitar  esta canción que miramos moitas veces  na aula


E para finalizar o día facemos unha ficha repasando o número 2. Repasamos o 2 con moitas cores. Coloreamos os botes que teñen 2 caramelos e finalmente realizamos os trazos do número 2







LECTURA SOBRE A PAZ DO ALUMNADO DE 6º

 O alumnado de 6º preparou polo día da Paz unha lectura que de seguro os vais gustar.

Pinchade na imaxe !!




DÍA DA PAZ


 Estes nen@s estan feitos uns artistas. Mirade que manualidaes máis bonitas fixeron !











VENRES 29 DE XANEIRO

 Bo día !! Xa estamos a venres !! 

Imos propor actividades máis lúdicas.

Hoxe é día de Relixión e Valores.  Podemos escoitar o conto de " El elefante Bernardo" e despois facer un debuxo.


O sábado celebrase o día da paz  e dende o cole de seguro faríamos algunha manualidade despois de falar un ratiño sobre o tema. Ahí van algunhas suxerencias.







E por último uns xogos online, que lle gustan moito.










XOVES 28 DE XANEIRO

 Bo día a tod@s !! 

Xa queda pouco !

Os xoves  temos Educación Física. Podemos volver bailar co vídeo que nos propuxo a profe Paula.

Deixo novamente o enlace.



Ademáis imos recordar as formas xeométricas: Círculo e Cadrado.
Buscamos pola casa obxetos que teñan forma de círculo e as vamos nomeando . Despois facemos o mesmo co cadrado. Seguro que encontramos moitas.
Finalmente facemos a ficha. Imos colorear os cadrados e para iso podemos empregar: pinturas, rotuladores, temperas, acuarelas, etc



E como xa vai algúns días, que non miramos ningún conto na pizarra. Ahí vai un :








PSICOMOTRICIDADE FINA

 Seguimos traballando cos nosos dedos !!












MÉRCORES 27 DE XANEIRO

 Ola !!!

As propostos do día de hoxe son:

Imos xogar cos nomes dos compañeiros e coas vocales que xa traballamos na clase a A e a E.

Temos que intentar identificar os nomes que están escritos ( xa xogamos na clase moitas veces) Despois rodeamos as vocales do xeito que se indica na ficha . As fichas non fai falta imprimilas, son moi sinxelas e as podedes facer vós na casa.


Agora toca traballar un pouquiño a motricidade fina que é básica nestas idades. Debuxamos trazos nun papel e seguimos os caminiños con: garabanzos, pedras, pasta, lentellas , botóns, etc



Os mércores temos o PELO ( Programa de Estimulación a Linguaxe Oral ) e as propostas da profe Paula para o día de hoxe son:


Bo día !!!



XOGAMOS CO NÚMERO 2

 Hoxe tocaba traballar o número 2. Debíamos facer conxuntos de 2 obxetos e aqui están os resultados.











MARTES 26 DE XANEIRO

 Bo día!

Ahí van as propostas para hoxe.

Os martes é día de Inglés e a teacher Lucía deixounos estos enlaces para cantar e xogar. 






XOGO INGÉS 2 ( Ata o minuto 2:25 )




Despois de escoitar estan cancións imos xogar un pouco co número 2.  A actividade que propoño e que fagan conxuntos de 2 obxetos . Aquí vai un exemplo.


Para finalizar podemos repasar  con cores o número 2  e así ir aprendendo a súa grafía.



BO DÍA E ATA MAÑÁ !!!











AS PARTES DA CARA


 Xa temos os primeiros traballimos !! 

Así quedaron os debuxos das partes da cara !!















PROSPOSTA DE ACTIVIDADES LUNS 25

 Bo día a tod@s .

As miñas propostas de actividades para hoxe son as seguintes:

Cantamos a canción : " Mi carita redondita "


Despois de cantar podemos xogar a identificar as nosas partes do corpo: cabeza, mans, pes, pescozo, dedos, xeonllos, cóbado, espalda, barriga, brazos, pernas ,... 

Finalizado o xogo podemos pintar a nosa cara nun papel colocando os elementos básicos: ollos, naríz e boca. Tamén podemos por as orellas  , cellas e pestanas.  E por suposto poremos  o noso nome fixándonos no orde no que temos que colocar as letras.

Agora toca traballar un pouquiño a motricidade fina, temos que mover con axilidade os nosos dedos. Esta vez xogaremos con pinzas da roupa: podemos colocalas simplemente nun caixa o incluso marcar as cores que desexamos por.




O luns tocaríanos Educación Física e a proposta de actividades da profe Paula é : BAILAR seguindo a coreografía .




Ata mañá !!!