DÍA DA PAZ

Hoxe foi o día da paz. Na asamblea estivemos falando sobre que era para nós a paz, e sairon cousas moi interesantes. Despois de saber que un dos símbolos da paz era unha pomba branca decidimos facer unha e este foi o resultado.


 Ademais os nen@s de 5º contáronos na biblioteca un bonito conto titulado "Negros e brancos "

Preparando os disfraces

Este ano imos ir disfrazados do xogo da oca e para confeccionar o noso disfraz tivemos que traballar moito.
Mirade ben e veredes todo o que fixemos e o ben que o pasamos.













PEZAS DE MADEIRA

Hoxe cando chegamos o cole, había unha sorpresa. O papá de Izan fixonomos un montón de pezas de madeira para xogar. Fixemos, torres, castelos e moitas outras cousas. 
Mirade que imaxinación temos e o ven que o pasamos.

Moitísimas grazas Emilio !!!






 

BONECO DE NEVE

Como xa chegou o inverno e para celebralo decidimos facer unha manualidade: un boneco de neve con pratos de cartón. Picamos e decoramos o gorro como máis nos gustaba, fixemoslle unha bufanda de raias, pegámoslle os botóns e os ollos , e puxémoslle unha nariz de plastilina. 
Gustounos  moito como quedou. 



FAMILIAS LECTORAS

Esta vez, tocoulle o turno a César , o pai de Mayra. Encantado viu a nosa biblioteca para lernos o conto " A vaca que puxo un ovo "
Estivemos moi atentos, escoitando todo o que nos contaba.
Moitísimas grazas César!!  Esperamóste para o ano que ven !!



ANIVERSARIOS

Elena xa ten 5 anos, e quixo celebralo con tódolos seus compañeir@s. Trouxonos unhas chuches moi ricas.
Felicidades Elena !!