Brochetas de Froitas

@S NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL, DESPOIS DE TODO O ANO TRABALLANDO COAS FROITAS E COÑECENDO AS SÚAS PROPIEDADES, QUIXEMOS DESPEDIR O CURSO FACENDO UNHA RIQUÍSIMAS BROCHETAS.   CON PIÑA, AMORODOS, KIWI E MELÓN...FIXEMOS UNHAS BROCHETAS FRESCAS E SABROSAS PARA DARLLE A BENVIDA AO VERÁN.  PREMEDE E MIRADE....
creado con Smilebox

Cumple Álvaro

Hoxe Álvaro, celebrou o seu cumple na escola cos seus amig@s.
A súa mamá trouxo un rica tarta de chocolate e fresas, acompañada de globos e zume para beber.
Todos soplamos as velas con Álvaro e lle cantamos o cumpleanos feliz.
Moitisimas felicidades!!!

Ricas Froitas

Como xa sabedes, este ano estivemos participando no programa " Consumo de froitas frescas" .
Despois da última repartición de froita decidimos facer unha montaxe coa froita que máis nos gustaba. Adiviñades cal é a froita que máis nos gusta?

Cumple Paula

O día 14 de xuño, Paula estivo de aniversario. Xa ten 4 anos! e é a máis maior da clase. Para festexa-lo cos seus compañeiros trouxo unha rica tarta de chocolate, ademáis de chuches para os nenos/as e tamén para a profe.

Os nosos amigos: Os Loros

Despois de escoitar o conto que nos leu a mamá de Amalia, decidimos que queríamos ter un loro.
O máis fácil era elixir o debuxo de loro que máis nos gustaba e logo colorealo de bonitas cores.
Finalmente escollemos o seu nome.
Mirade, mirade!!!, que loros máis chulos temos.

Contacontos ( María, mamá Amalia)


María, a mamá de Amalia e de Juan,  tamén visitou a nosa biblioteca. Viña preparada para contarnos un bonito conto, titulado " O loro Robinson" Todos estivemos moi atentos, a historia gustounos moito.
Aquí vos deixo para que miredes o ben que o fixo e o atentos que estabamos.

Contacontos " Mamá Alexia"

Silvia, a mamá de Alexio, quixo participar nesta iniciativa tan bonita. Viu a nosa biblioteca a leernos dous contos, nada mais e nada menos. Os protagonistas dos contos son uns sapos amigos moi divertidos. Se queredes comprobar o ben que o fixo , so tedes que pulsar no video.

Nós tamén creamos

Este ano, participamos no concurso organizado pola TVG " Nós tamén creamos" Trátabase da facer unha curtametraxe sobre un conto. O conto que eleximos foi a " Escaleira", e a nosa curtametraxe é esta.