HORA DE LER

Este ano, os máis cativos da escola decidimos unirnos o resto da escola, e formar parte do proxecto " Hora de Ler". Este, consiste en , despois das rutinas de chegada, cada nen@ colle un libro da biblioteca de aula, e durante 5- 10 min o le, o ollea, ... Con isto, pretendemos  fomentar o hábito de lectura.
Mirade, que a gusto estaban o primeiro día.



Cumple Héctor

Hoxe, o primeiro día de clase, comezamos xa con celebracións. Héctor estivo de cumpleanos, XA TEN 4 ANOS,  e quixo festexalo cos seus amigos na escola. Para iso, trouxo unha bonita tarta en forma de tren e un paquetiño de caramelos para que empecemos con bo sabor de boca.

PARABÉNS HÉCTOR.















BENVIDOS Á ESCOLA

Un novo curso acaba de comezar, e con él moitas novas: novos compañeiros, novos xogos, novos traballos...
Dende aquí, quero desexarvos a todos un bo comenzo de curso.