FESTIVAL NADAL

 Un ano máis o festival de nadal non se puido facer e tivemos que optar por facelo online.

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos decicimos facer un baile mahori, propio de nova zelanda ( unha das illas máis importantes de oceanía) O profe Josito axudounos co baile. O máis importante de todo, que o desfrutamos moitísimo.

O nos baile chamáse Haka.

Deixovos o enlace o festival. Desexamos que vos guste.

FESTIVAL NADAL



TAREFA 1º TRIMESTRE- Oceanía

A tarefa integrada para este primeiro trimestre era coñecer oceanía a nivel xeográfico: ríos e montañas máis importantes, número de illas que a conforman,bandeira, capital, documentación necesaria para viaxar, etc
Unha vez informados decidimos facer un mural e unha maqueta para ensinarlle os demais rapaces e rapazas da escola todo o que aprendimos e así que eles tamén aprenderan máis cousas sobre este continente.
Estivemos encantados coa tarefa e sempre con ganar de aprender máis cousas. 
Para o seguinte trimeste seguiremos coñecendo Oceanía en outros aspectos
Deixámosvos por aquí  alguhas fotos de como foron as actividades.


























3 DE DECEMBRO- DÍA DA DISCAPACIDADE

 Hoxe celébrase o día da discapacidade. Dende o equipo de orientación propúxeronnos traballar unha persoa discapacitada do contininente que estamos a traballar para o proxecto do cole e como non, aceptamos tal proposta. A actividade é verdadeiramente importante para comprender a diferenza e a diversidade entre as persoas.

Aquí esta o noso traballo.
















MEDIOS DE TRANSPORTE

 Despois de comprobar que para viaxar a Oceanía precisabamos ir en avión, decidimos traballar os distintos medios de transporte . Para iso, cada un de nós elexiu o medio de transporte que máis lle gustaba e o coloreou . Deseñamos un mural que pintamos entre todos, e finalmente, colocamos o noso transporte no medio correspondente

Aqui tedes algunhas fotos de como foi a actividade.