DÍA DA POESÍA

Con motivo do día da poesia, o equipo de biblioteca propúxonos unha nova actividade: xogar cos escornabots a partir da lectura dunha poesía.
O pasamos xenial, tiñamos que estar moi atentos para que o escornabot chegara o lugar que desexábamos.





FAMILIAS LECTORAS

Esta vez tocoulle o turno a Alma, a mamá de Brais, que nos veu contar o conto de " Merxilón". Como sempre estivemos encantad@s.


Entroido

Por fin chegou o día do entroido.
Tod@s estabamos desexando por os nosos disfraces .
Mirade que guapos estamos!!!
E o mellor de todo e que agora xa temos outro xogo para xogar na casa.