MANUALIDADES DIVERTIDAS

 Hoxe fixemos unha manualidade moi primaveral, fixemos unha maceta cunha flor. Levámolas para casa e seguro que a todos lles encantou.






FAMILIAS LECTORAS

 A mamá de Isma tamén quixo participar nesta bonita iniciativa . Elexiu o conto " O galo Quirico" 

Pulsade na imaxe e poderedes miralo!

Grazas por participar!!!



VEXO VEXO

 Na biblioteca temos un conto  estupendo que nos serviu de guía para crear o noso propio. A partir dunha imaxe deseñamos o noso debxuxo. Cada neno/a da escola deseñou un e entre todos elaboramos un novo libro.


Aquí vos deixo os debuxos que fixeron os pequechos.




























FAMILIAS LECTORAS

 Seguimos coas nosas familias lectoras. Esta vez tocoulle o turno o papá de Gabri que nos le o conto de : "Coas mans baleiras"

Clica no conto para poder visualizalo.



DINÁMICAS DE GRUPO

 Comezamos coas dinámicas e grupo e a dinámica proposta foi o crebacabezas .

A seguiente vez seguro que nos sae moito mellor.















7 de Abril- Día mundial da saúde

 Hoxe é o día mundial da saúde e para celebralo o cole organizou unha gincana con  estacións e con distintos xogos relacionados co tema: saúde emocional, saúde alimentaria, hixiene, deporte,..

Pasámolo en grande, e a verdade, e que nos soubo a pouco.











FAMILIAS LECTORAS

 Esta vez, tocoulle o turno a mamá de Paula  que nos quixo contar a maravillosa historia " O año que é  un porquiño"

Se clicades na imaxe podedes ver o conto.