O DÍA DA PAZ

Onte, festexamos o día da paz. Fixemos unha bonita coroa cunha pomba, escoitamos a cantarola da paz, que traballamos na clase, e ademáis, fixemos unha foto díante da pomba que fixemos xuntos todolos nenos da escola.




Aqui vos deixo o enlace para que escoitedes a cantarola dos nenos


CONTACONTOS 4


En decembro a mamá de Gael , viunos a contar un conto: " Un can e un Gato" Mirade que atentos estabamos!

OS NOSOS BONECOS DE NEVE

Como estamos en inverno, decidimos que cada un de nós iba facer un boneco de neve. Para facelo empregamos dous círculos, e despois lle puxemos ollos, nariz, boca, mans, sombreiro e bufanda. Finalmente puxémoslle un nome.Queredes ver como quedaron?

DECORAMOS A NOSA CLASE NO INVERNO

Durante estas dúas semanas, estivemos traballando o inverno, e unha das primeiras actividades que fixemos foi decorar a nosa aula. Pintamos gorros e manoplas con bonitos colores e tamén pintamos un boneco de neve. Mirade o chulo que nos quedou e como traballamos.

A CANCIÓN DO INVERNO

Esta semana aprendimos unha canción do inverno. Escoitadea ben, que é moi pegadiza.