Día das bibliotecas escolares

 O día 22 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares.

O   equipo de biblioteca organizou actividades para coñecer  mellor a nosa biblioteca  xogando cos scornabots. Non nos daba tocado o turno para fedellar. 

Pasámolo xenial ! Xa temos ganas de volver ! 










 

Dinámicas de aula !

 O crebacabezas

Para analizar o clima da aula fixemos unha dinámica : o crebacabezas . A dinámica consiste en  darlle a cada nen@ a metade dun debuxo. O golpe de 1,2,3 xa cada neno ten que buscar a otra metade do seu debuxo e colocarse xuntos como parella. Unha vez emparellados, pasamos a pintar o debuxo e para facer dita tarefa temos que pornos de acordo entre os dous para ver como a queremos pintar.

A través deste pequeno xogo decatamonos dos diferentes comportamentos de cada nen@: os que esperan a que o veñan buscar, os que lle dan a man a outro nen@ aínda que non sexa a súa parella, os que dirixen os demáis compañeiros, os que non ceden, os que ceden, os que quedanse quedos, ...

 

 

 






 

 

 








Proxecto : " A volta ao mundo en 160 días "

Os xoves é o noso día de biblioteca e a sorpresa coa que nos atopamos hoxe foi atopar unha maleta . Quedamonos abraiados e como non,  queriamos abrila para ver o que había dentro. O primeiro que atopamos foi unha carta dirixida a Pacho ( a mascota da nosa biblioteca) na que se nos contaba que a maleta apareceu no aeroporto de Vigo e que tiña a dirección da nosa escola. Na maleta tamén había un mapa, unha brúxula, unha cámara de fotos, uns prismáticos, ...

Xurdironnos un montón de preguntas e de ideas para comezar a traballar .

Para que a mandaron aquí? Que temos que facer con ela ? Podemos ir de viaxe ?, Onde imos ?, Que precisamos ? 





A milla diaria

Hoxe comezamos coa milla diaria e así de felices ibamos camiñando polo monte.

Encantamos esta actividade !