DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para festexar o día das bibliotecas, o equipo de bibliotecas do noso cole preparounos unhas actividades na biblio, para así coñecela mellor e saber un pouco máis do seu funcionamento e normas.
Os xogos propostos gustáronos moito e pasamos un rato moi entretido.










VISITA O ECOPARQUE DE MARÍN

Fai uns días, fumos visitar o ecoparque de Marín. Alí, nos ensinaron algunhas cousiñas sobre os cabalos e nos prepararon unha gincana con xogos. 
Pasámolo moi ben. Mirade as fotos e comprobadeo por vos mesmos.
 
















A CHEGADA DO OUTONO!!

Para recibir o outono, decidimos facer unha bonita manualidade. Nos puxemos mans a obra ,collimos un rolo de papel e o pintamos, despois decoramos con gomets o papel das magdalenas , e o resultado foi ... un bonito cogomelo.


 















 

 



 


Nestes días estivemos escoitando unha canción do outono. Aqui vos deixo o enlace por si queredes escoitala.

Canción outono 


COMEZAMOS O COLE !!!

Xa comezou o novo curso escolar,  e os máis cativos viñeron cargados con moitísimas forzas. Listos para xogar e aprender moitas cousas.
O primeiro día xa disfrutamos do noso estupendo patio.







COÑECEMOS A SEOANE

Neste trimestre estivemos coñecendo a Luis Seoane, un pintor galego.
Se pulsades na foto do pintor podereder ver os cadros que versionamos.
Nos quedaron chulísimos


COÑECEMOS COUSAS SOBRE OS CASTELOS

No primeiro trimestre estivemos traballando os castelos, aprendimos moitas cousas sobre eles, miramos videos, fotos,.. e incluso fomos visitar o castelo de Soutomaior.







 Se pinchades na seguinte imaxe poderedes acceder a un video sobre castelos e cabaleiros

http://nea.educastur.princast.es/caballeros/principal.htm