Halloween-Samain

 

Por fin chegou a festa de Halloween. Todos viñemos o cole disfrazados e os que non viñeron a profe pintounos. Estabamos moi nerviosos e non parabamos de movernos dun lado para outro. Collemos as nosas cabazas e fixemonos fotos, tamen fixemos fotos diante da nosa porta terrorífica, e . . . cando foi a hora fumos a xogar o patio. O profe Pepe preparou un xogos tradicionais para que o pasaramos moi ben. Finalizados os xogos fumos comer as ricas castañas. E todo isto queda reflexado, nesta morea de fotos.