PROSPOSTA DE ACTIVIDADES LUNS 25

 Bo día a tod@s .

As miñas propostas de actividades para hoxe son as seguintes:

Cantamos a canción : " Mi carita redondita "


Despois de cantar podemos xogar a identificar as nosas partes do corpo: cabeza, mans, pes, pescozo, dedos, xeonllos, cóbado, espalda, barriga, brazos, pernas ,... 

Finalizado o xogo podemos pintar a nosa cara nun papel colocando os elementos básicos: ollos, naríz e boca. Tamén podemos por as orellas  , cellas e pestanas.  E por suposto poremos  o noso nome fixándonos no orde no que temos que colocar as letras.

Agora toca traballar un pouquiño a motricidade fina, temos que mover con axilidade os nosos dedos. Esta vez xogaremos con pinzas da roupa: podemos colocalas simplemente nun caixa o incluso marcar as cores que desexamos por.




O luns tocaríanos Educación Física e a proposta de actividades da profe Paula é : BAILAR seguindo a coreografía .




Ata mañá !!!
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario