Proxecto : " A volta ao mundo en 160 días "

Os xoves é o noso día de biblioteca e a sorpresa coa que nos atopamos hoxe foi atopar unha maleta . Quedamonos abraiados e como non,  queriamos abrila para ver o que había dentro. O primeiro que atopamos foi unha carta dirixida a Pacho ( a mascota da nosa biblioteca) na que se nos contaba que a maleta apareceu no aeroporto de Vigo e que tiña a dirección da nosa escola. Na maleta tamén había un mapa, unha brúxula, unha cámara de fotos, uns prismáticos, ...

Xurdironnos un montón de preguntas e de ideas para comezar a traballar .

Para que a mandaron aquí? Que temos que facer con ela ? Podemos ir de viaxe ?, Onde imos ?, Que precisamos ? 





No hay comentarios:

Publicar un comentario