ARCOIRIS E MANUALIDADES

Xa me empezaron a chegar os primeiros debuxos do arcodavella e dalgunhas manualidades.

Estades facendo moi bo traballo rapaces. A seguir así.





Lucí D, xa fixo a manualidade. Moi chula Lucía !!! Papá seguro que quedou encatado.








MANUALIDADES

Ola a todos!! Xa sei que mañá e festivo e non toca traballar, e que o venres o eleximos como día non lectivo, pero como temos que estar tantos días na casa ... pensei en deixarvos unha imaxes de manualidades relacionadas coa auga, que é o tema do noso proxecto do cole por si vos apetece facelas cos nen@s.
Se algún se anima que  mande unha foto o meu correo electrónico (esteladominguezsimon@gmail.com) e a colgamos no blogue para que @s nos@s compañeir@s miren o bonitas que nos quedaron.
Tamén podedes mandarme fotos do arcodavella, e así o noso blogue quedará moítisimo máis colorido.

Xa podemos tachar no calendario outro día. Esperemos que quede pouco para vernos.

Unha aperta.






PD: Non tedes porque facer estas, tan só son ideas.

ACTIVIDADES 18/3/2020

18/ 3/ 2020


Bos días, como vedes as rutinas sempre son as mesmas, cambiamos un pouca as actividades.
Non tedes porque facelas o pé da letra, podedes engadir cambios, innovar,.. Sempre que traballes o obxetivo principal estará xenial.

ÁNIMO, xa podemos tachar un día máis.

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.


Traballo globalizado


Nos unimos a iniciativa do arcodavella. Cada nen@ debe pintar un arcodavella e colocalo na fiestra para que todo o mundo o vexa.  Esta iniciativa ten como obxetivo encher as rúas de cor, que non nós sintamos sós, e que os menores se sintan acompañados nesta cuarentena e que estos días de quedarnos en casa esten cheos de cor. O debuxo podemos engadirlle unha mensaxe e por suposto o noso nome.

#DesdeMiVentana  #YoMeQuedoEnCasa




Xogo dirixido: palabras encadeadas


Aínda que na clase non xogamos nunca a este xogo, seguro que lles vai gustar. Un dí unha palabra e o outro ten que decir outra palabra que empece pola última sílaba da anterior. O principio vailles resultar un pouco complicado, tede paciencia que seguro que pronto o entenden e  o non deixaran de pediros ese xogo.


Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo

Conto

Hoxe toca escoitar o conto dos " Chivos, chivones "  e como actividade podemos buscar cousas por casa e ordenalas por tamaños.








ACTIVIDADES 17/03/2020

17/ 3/ 2020

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.


Traballo globalizado- xogamos cos números

Debemos facer grupos de elementos , e para iso podemos empregar fabas, macarróns, pinzas,..
Facemos grupos de 5 elementos, 6 elementos,... Decidide vós o número que queirades. Os maiores traballamos ata o número 12 e os pequenos ata o 6.
Tamén podemos facer sumas.

Xogo dirixido

Podemos xogar o dominó, a oca, xogo de parellas, ...
Na parte dereita do blogue tedes algúns enlaces con actividades deste tipo.

Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo

Conto




Escoitamos o conto. Escribimos o nome dos animais que aparecen no conto e facemos un debuxo sobre cada animal.

Xogo libre.







ACTIVIDADES 16/3/2020

Queridas familias, cada día da semana deixareivos no blogue suxerencias para que traballes cos vosos fill@s durante estes días de cuarentena. Intentaremos seguir as actividades que realizamos na clase a diario.
Esperemos pasar todo isto  o antes posible.

16/ 3/ 2020

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Inglés

- Escoitamos  a canción.

COLORS SONG FOR CHILDREN



Traballo globalizado- xogamos coas letras

Recortamos imaxes de revistas, libros , periódicos, buscamos debuxos en internet, ... coas letras que traballamos na aula . ( nen@s de 5 anos: P-L-M-S-D-T, nen@s de 4 anos : A-E-I-O-U-P ), as pegamos nun papel e lle poñemos o nome debaixo.

Xogo dirixido

Facemos puzzles, series con obxetos, xogamos con xogos de atención,... Na parte dereita do blogue
tedes algúns enlaces con actividades deste tipo.

Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo

Conto

Escoitamos o conto e facemos un debuxo sobre él.


A que sabe la luna ?








Xogo libre.









ENTROIDO

O entroido xa chegou, e como non podía ser doutra maneira eleximos un disfraz relacionado coa auga: " As nubes "

Fixemos moítisimas cousas nos soíños, pero esta vez a profe despistouse e non fixo fotos do noso traballo .

Pero iso sí, mirade o guapos que estabamos.



RECEITA DA PAZ

Con motivo da paz, fixemos unha receita de sopa  cos ingredientes que queríamos. 
Ese traballo, desencadeou nunha nova idea: íamos facer unha rica sopa na nova cociña. Solo necesitabamos os ingredientes e pornos mans a obra.
Foi unha actividade divertidísima, e a sopa estaba boísima.