MANUALIDADES

Ola a todos!! Xa sei que mañá e festivo e non toca traballar, e que o venres o eleximos como día non lectivo, pero como temos que estar tantos días na casa ... pensei en deixarvos unha imaxes de manualidades relacionadas coa auga, que é o tema do noso proxecto do cole por si vos apetece facelas cos nen@s.
Se algún se anima que  mande unha foto o meu correo electrónico (esteladominguezsimon@gmail.com) e a colgamos no blogue para que @s nos@s compañeir@s miren o bonitas que nos quedaron.
Tamén podedes mandarme fotos do arcodavella, e así o noso blogue quedará moítisimo máis colorido.

Xa podemos tachar no calendario outro día. Esperemos que quede pouco para vernos.

Unha aperta.






PD: Non tedes porque facer estas, tan só son ideas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario