ACTIVIDADES 16/3/2020

Queridas familias, cada día da semana deixareivos no blogue suxerencias para que traballes cos vosos fill@s durante estes días de cuarentena. Intentaremos seguir as actividades que realizamos na clase a diario.
Esperemos pasar todo isto  o antes posible.

16/ 3/ 2020

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Inglés

- Escoitamos  a canción.

COLORS SONG FOR CHILDREN



Traballo globalizado- xogamos coas letras

Recortamos imaxes de revistas, libros , periódicos, buscamos debuxos en internet, ... coas letras que traballamos na aula . ( nen@s de 5 anos: P-L-M-S-D-T, nen@s de 4 anos : A-E-I-O-U-P ), as pegamos nun papel e lle poñemos o nome debaixo.

Xogo dirixido

Facemos puzzles, series con obxetos, xogamos con xogos de atención,... Na parte dereita do blogue
tedes algúns enlaces con actividades deste tipo.

Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo

Conto

Escoitamos o conto e facemos un debuxo sobre él.


A que sabe la luna ?








Xogo libre.









No hay comentarios:

Publicar un comentario