ACTIVIDADES 18/3/2020

18/ 3/ 2020


Bos días, como vedes as rutinas sempre son as mesmas, cambiamos un pouca as actividades.
Non tedes porque facelas o pé da letra, podedes engadir cambios, innovar,.. Sempre que traballes o obxetivo principal estará xenial.

ÁNIMO, xa podemos tachar un día máis.

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.


Traballo globalizado


Nos unimos a iniciativa do arcodavella. Cada nen@ debe pintar un arcodavella e colocalo na fiestra para que todo o mundo o vexa.  Esta iniciativa ten como obxetivo encher as rúas de cor, que non nós sintamos sós, e que os menores se sintan acompañados nesta cuarentena e que estos días de quedarnos en casa esten cheos de cor. O debuxo podemos engadirlle unha mensaxe e por suposto o noso nome.

#DesdeMiVentana  #YoMeQuedoEnCasa




Xogo dirixido: palabras encadeadas


Aínda que na clase non xogamos nunca a este xogo, seguro que lles vai gustar. Un dí unha palabra e o outro ten que decir outra palabra que empece pola última sílaba da anterior. O principio vailles resultar un pouco complicado, tede paciencia que seguro que pronto o entenden e  o non deixaran de pediros ese xogo.


Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo

Conto

Hoxe toca escoitar o conto dos " Chivos, chivones "  e como actividade podemos buscar cousas por casa e ordenalas por tamaños.








No hay comentarios:

Publicar un comentario