ACTIVIDADES 27/03/2020


27/03/2020

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

Relixión

A profe Esther , para os nen@s que asisten a aula de relixión, deixouvos unhas bonitas actividades . Clicade aquí e as atoparedes.

ACTIVIDADES RELIGIÓN



Traballo globalizado: REFLEXIÓNS

A tarefa para hoxe é moi sinxela, temos que escribir cal foi a atividade desta semana que máis me gustou e cal foi a que menos. Tamén podemos facer algún debuxo.



MANUALIDADES

Como facemos a maioría dos venres na escola, hoxe toca algunha actividade máis divertida: manualidades . O tema que imos elexir é a primavera.
Antes de porse mans a obra podedes establecer unha conversa con eles sobre que cambios suceden nesta estación: que tempo fai, como nos vestimos,  que animais regresan en busca da calor, as plantas: as súas partes, como hai que coidalas, ..
Aquí vos deixo algunha suxerencia pero podedes facer a que desexedes.
Non vos olvidedes de compartilas para darlle ideas os nos@s amig@s.










Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo

Conto

Nas actividades que mandou a profe Esther, aínda que son para os nen@s que van a relixión , hai contos sobre valores que nos veñen ben a todos



SUXERENCIAS

Sería convinte que tódolos días repasen os números, que escriban 2 o 3 palabriñas e os nen@s de 5 anos que tamén lean algunha palabra.


BO FINDE A TODOS! UNHA APERTA.
UN DÍA MENOS



No hay comentarios:

Publicar un comentario