ACTIVIDADES 25/3/2020

25/3/2020

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

Psicomotricidade

Seguimos as recomendacións da mestra Paula


Pautas psicomotricidade


Traballo globalizado:  Aprendemos a restar

A resta xa foi iniciada na aula pero non nos deu a tempo a practicar moito.
Temos que falar cos nen@s e explicarlles que restar e quitar e que o símbolo da resta e -
A partir de ahí imos debuxar puntiños coma na suma e logo imos tachar os que nos indican.
Fixadevos no exemplo e entenderedes mellor como llo explico eu os nen@s.








Xogo dirixido :  PUZZLES ou XOGOS DIDÁCTICOS

Podemos facer algún puzzle que teñamos na casa, axudanos a manter a concentración.
Tamén podemos practicar cos xogos que están na dereita do blogue o algún outro que teñades na tablet.


Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo

Conto

Despois de escoitar o conto do " Coelliño branco " imos inventar un novo título .
Seguro que se vos ocurren ideas maravillosas.



VEÑA, QUE XA PODEMOS TACHAR OUTRO DÍA.


E PARA O VENRES, ÚLTIMO DÍA DA SEMANA,  IMOS DEIXAR ALGUNHAS MANUALIDADES !!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario