ACTIVIDADES 31/03/20

31/3/2020

Bos días a tod@s!!

Que tal familias ? Como o levamos ? Espero que ben.
Imos a por outro día !!
E coma sempre, comezamos polas rutinas .

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

Psicomotricidade

Seguimos as recomendacións da mestra Paula

Pautas psicomotricidade


Traballo globalizado:  CONXUNTOS


Esta vez tócalle o turno os conxuntos! Xa temos xogado varias veces na escola e a verdade, que nos custa un pouquiño , por iso temos que traballalo.
Na clase digolles que é xogo do pulpo e que como sabemos ten moitas patas. A cabeza do pulpo ten un numero e cada conxunto de patas ten que conseguir ese número pero con unha condición, as patas non poder ser iguais.
Deixovos unha foto para ver si así o entendedes mellor, que con esta explicación é un pouco complicado.
Para os maiores gustariame que traballaran  con números máis grandes do 10 e os pequenos ata o 10.
Xa me contaredes, como foi o xogo. 
Para traballar tamén a escritura dos números , debaixo da cada pata podemos escribir o número.







Xogo dirixido : OCA

O xogo que propoño par ahoxe é o "veo veo" pero en vez de con cores con palabras que empecen pola sílaba .... e decidices vós.


LECTOESCRITURA.

Seguimos construindo o noso libro de letras. Agora tócalle o turno a letra D. Escribimos e debuxamos 2 ou 3 palabras que empecen pola letra D.

Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo. Toca froita

Conto

Deixo por aquí o enlace o conto que máis lle gusta. Aínda que seguro que  viron moitas veces aíndan non están cansos del.







VEÑA, QUE XA PODEMOS TACHAR OUTRO DÍA.





No hay comentarios:

Publicar un comentario