ACTIVIDADES 23/3/2020

23/ 3/ 2020

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

Inglés

- Escoitamos  a canción e traballamos conceptos que nos ensina o teacher.

COLORS SONG FOR CHILDREN



Traballo globalizado: ADIVIÑANZAS

Hoxe imos xogar as adiviñas.
Cada nen@ ten que buscar unha adiviña e escribila nun papel, para que logo a profe as colgue no blog e os nosos compañeir@s a adiviñen.
Imos divertirnos un rato. ¡ cantas adiviñas acertaremos ?

Esta é a miña! Agardo as vosas respostas.

MI CUERPO LLENO DE PÚAS 
ASUSTA A MIS ENEMIGOS; 
Y SI ALGUNO ME AMENAZA 
ME CONVIERTO EN OVILLO

Xogo dirixido

Esta vez tócalle o turno as series.
Temos que coller obxetos da casa que sexan repetidos e facer dous modelos de series.
Os vosos compañeiros agardan as vosas propostas para facelas na casa.
Ahi vai un exemplo  que temos que continuar.









Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo

Conto


A NOITE DAS MUDANZAS.

Despois de escoitar o conto, podemos xogar a imitar animais.



Programa de estimulación a linguaxe oral

No horario da escola, o luns temos unha hora de estimulación a linguaxe oral . A profe Paula deixounos unhas orientacións que podemos seguir.

DESCARGAR

Ademáis xa temos un blog de orientación. Gran traballo das nosas compañeiras!!

Este é o seu enlace ORIENTACIÓN LEIRADO

Xogo libre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario