ACTIVIDADES 25/ 3 / 2020

25/ 3/ 2020

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


Traballo globalizado: FACEMOS FLORES E CONTAMOS


Como xa me imaxino que sabedes,  xa estamos en primavera e a actividade que propoño para hoxe está moi relacionada con esta estación. Imos facer flores. Tan so necesitamos folios de cores, revistas , cartulinas.. tesoiras e pegamento.
Temos que recortar círculos e tiras de papel. Despois pegaremos en cada círculo os pétalos que se nos indiquen.  Deixovos unhas imáxenes para que me entendades mellor. 



Podedes facer as flores que desexedes.


Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo

Conto

Hoxe , escoitamolo conto da " La ovejita que vino a cenar"
Despois toca poñer o título nun folio e a debuxar, pero esta vez debuxamos en familia, e para iso imos facer un folio xiratorio ( o primeiro fai unha parte do debuxo e pasano a seguinte persoa para que o continue, e outra vez o volvemos a pasar para seguir debuxando e así  ata acabar o debuxo ) Xa me contaredes que tal foi !!



Música

Hoxe temos música. E que mellor que pasar un ratiño cantando e bailando.
Aquí vos deixo o enlace da canción que estaban a traballar coa profe Patri.



Xogo libre



BO DÍA A TOD@S !!!!

RECORDADE QUE AS ACTIVIDADES SON SUXERENCIAS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario