ACTIVIDADES 24/3/2020

24/ 3/ 2020

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

Psicomotricidade

A mestra Paula deixounos unas indicacións para seguir nestes días. Tan só tedes que pinchar no enlace e xa as atopades. 
Imos movernos un rato !!!

Pautas psicomotricidade


Traballo globalizado: DESCUBRIMOS PALABRAS QUE TEÑEN A LETRA ...


Hoxe imos xogar a ser fotógrafos. Temos que buscar cousas da casa que empecen pola letra P. As colocamos todas xuntas e lles sacamos unha foto. Acordadevos de envialas para poder compartila cos vosos compañeir@s.


Xogo dirixido : AS  CARTAS

Non podemos olvidarnos de traballar os números, e que mellor que facelo xogando as cartas.
¿ Quen saca o número mais alto ? Debe xogarse como mínimo con dous xogadores. Se reparten todas as cartas , se colocan boca abaixo e se van sacando unha a unha. Quen saque o número máis alto lévase todas.
O final do xogo contamos cantas cartas temos.
O obxetivo principal do xogo é o recoñecento do número , ademais de traballar o concepto maior que, menor que.
Para finalizar o traballo con números escribimos a serie numérica. Os maiores que intenten escribir ata o 20 e os pequenos ata o 10, aínda que si saben máis mellor.
Fixadevos na dirección da escritura dos números. O truco que empregamso na escola é o seguinte: os números que andan para atrás son o 5,6 e o 9.


Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo

Conto

Hoxe , escoitamolo conto da " Cebra Camila"
Despois podemos debuxar a cebra coas distintas " raias" que ten.






BO DÍA A TOD@S !!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario