ACTIVIDADES 1/04/2020

BO DÍA A TOD@S. XA ESTAMOS A MÉRCORES1


Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


Traballo globalizado: XOGAMOS CO NOSO NOME


Imos xogar co noso nome. Debemos escribir nun folio o noso nome , ben grande. Debaixo de cada unha das letras teremos que facer un debuxo que comece por dita letra, e para completao máis podemos escribir o nome do que debuxamos.
Seguro que nos vai quedar chulísimo. Iso sí, temos que esmerarnos en facer ben o debuxos, non os podemos facer a correr, pois senon o noso traballo non vai quedar todo o bonito que debería.

Aquí vos deixo o meu.




Xogo dirixido : PALABRAS ENCADEADAS

A proposta do xogo de hoxe é " palabras encadeadas".


PROPOSTA MATEMÁTICAS.

Imos buscar que cousas temos na casa que se repitan máis de 10 veces. Podemos sacarlle unha foto, facer un debuxo ou escribilas nun papel, o que vos prefeirades.

Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo. Os mércores toca bocata

Conto








Música 

Os mércores é día de músca .
Deixovos por aquí un enlace para que bailedes un ratiño.
Xogamos a bailar e a conxelarnos.








No hay comentarios:

Publicar un comentario