ACTIVIDADES 30/ /2030

30/03/2020

BO DÍA A TOD@S!!

Rutinas:

Facemos a mesma rutina de tódolos días.

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

Inglés

No enlace que nos deixou o teacher  podemos escoitar cancións, contos ,.. Sería convinte que cada día traballasemos unha das actividades que aparecen no enlace. Podemos encontrar as diferentes cancións  unha vez clicado na parte dereita de you tube e se os mirades dende o móbil debaixo do video hay un pequena frechiña despegable onde podemos atopar o resto das cancións.


COLORS SONG FOR CHILDREN



Traballo globalizado:  LETRA F

Imos comezar a traballar unha letra nova . A LETRA F. Empezamos escoitando o video  e despois xogamos a dicir palabras que empecen por esa letra.


O traballo de hoxe vai consistir en debuxar duas cousas que teñan letra F  e despois escribilas. A idea e facer un libriño coas letras que traballamos, para iso empregaremos un cuarto de folio para cada debuxo, que iremos guardando tódolos días.
Como xa dixen, hoxe tocalle o turno a letra F e mañá ,... xa veremos.


Xogo dirixido

Deixo por aquí un enlace a diferentes actividades online , que pareceu moi axeitado para eles, e que abarca bastantes couxiñas.

XOGOS MATEMÁTICOS


Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo. Recordade que hoxe toca cereais ou galletas.

Conto

O conto que propoño para hoxe é : COCORICO






Programa de estimulación a linguaxe oral

É luns, así que tocanos a visita da profe Paula.
Pinchade neste enlace e descubriredes as actividades que nos propón.

PROPOSTA ACTIVIDADE

AUDIO TRABALINGUAS



Xogo libre.



DESEXO QUE TEÑADES UN BO DÍA. MOITO ÁNIMO CHIC@S, XA QUEDA UN DÍA MENOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario