ACTIVIDADES 14/04/2020

14/4/2020


Bo día a tod@s. Xa estamos de volta !!

Despois de estas vacacións tan atípicas, xa estamos de volta. Espero que cargaredes as pilas e teñades ganas de volver a  nova rutina.
Xa sei que é moi díficil traballar desde a casa, pero temos que facelo todo o mellor que poidamos para non perder a nosa constume de traballo, e seguir aprendendo cousiñas novas.
Como fixen anteriormente irei propoñendo actividades cada día para que as fagades na medida que poidades.
Se non sodes capaces porque non tedes tempo ou polas vosas circunstancias persoais,  suxírovos que cada día os nen@s escriban 2 ou 3 palabras, repasen os números, fagan algunha suma ou resta, e incluso ( os nen@s de 5 anos) lean  algunha frase sinxela.


Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

Psicomotricidade

Seguimos as recomendacións da mestra Paula

Pautas psicomotricidade


Traballo globalizado: LECTOESCRITURA
Para retomar o noso traballo pouco a pouco, imos comezar con algo sinxelo, imos continuar o noso libro de letras. Esta vez tócalle o turno a letra "p". Recórdovos que tiñamos que escribir 2 ou 3 palabras que empecen por esa letra e facer un debuxo, para ir engadindo as páxinas a ese libro tan bonito que xa temos.


Xogo dirixido : OCA

A miña proposta para hoxe e botar unha partidiña o xogo da oca.


MATEMÁTICAS.

Traballaremos o número que vai antes. Podemos ir ampliando os números ata o 14- 15.
Poñémoslles  @s nen@s un némro e eles teñen que escribir o número que vai antes.


Almorzo

Axudamos a preparar o noso almorzo. Toca froita

Conto

Deixo por aquí o enlace a un conto  de que o noso amigo Sergio, nos quere ensinar.





Gustaríame que cada nen@ cando lle apeteza, conte un conto e mo envíe para poder subilo o blog e facer así unha actividade rutinaria. Podemos subir un conto cada día.


Por outro lado deixovos  o enlace a unhas fichas sobre a cuarentena , que me parecen bastante apropiadas e podedes facelas cando vos queirades.

Diario dunha cuarentena

MOITO ÁNIMO!  ATA MAÑÁ !


No hay comentarios:

Publicar un comentario