ACTIVIDADES 22-4-2020

22/4/2020

Veña que xa é mércores !!!


Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


Inglés :

O teacher ten un blog. Está o enlace a dereita. Anímovos a visitalo.


CONTO

O igual que o outro día imos empezar a traballar polo conto.
Esta vez toócalle o turno a Lucí, que nos le un bonito conto sobre animais. Estade moi atentos que logo imos traballar cousiñas sobre el .





Traballo globalizado: 

Despois de escoitar o conto, imos falar sobre os animais:
Imos empezar polos animais salvaxes.
O conto de Lucía fala de algún animal salvaxe ? De cales ? Sabes donde viven eses animais ? Alguen os coida ? De que se alimentan ? Son perigosos ? Cantas patas teñen ? Como se chaman as súas crias?
Coñecemos outros animais salvaxes ? Cales ?

Uhna vez falado o tema , podemos xogar a contar as letras do nome de cada animal, as patas que teñen , o número de ollos que aparecen no conto, o número de hocicos, ...

Para rematar a actividade debuxamos  nun folio os animais principais que aparecen no conto e escribimos o seu nome debaixo.

XOGO DIRIXIDO: ADIVIÑAS

A miña proposta para hoxe e xogar as adiviñas. Penso en un obxeto que teña a vista e vou dando pistas ata que o adiviñen. Unha vez @ nen@ e outra vez o adulto.

Almorzo

Que imos almorzar hoxe? Bocata


CUBERTAS CREATIVAS

Xa me foron chegando algúnhas fotos, e a verdade e que estan chulísimas.







BO DÍA A TODOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario