ACTIVIDADES 17-4-2020

17/4/2020


Ola! Un novo día nos espera !

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


Inglés

Seguimos traballando as cancións que nos deixou o teacher.

COLORS SONG FOR CHILDREN



Traballo globalizado:

Hoxe imos traballar polo final, e dicir, o primeiro que imos facer vai ser visionar o conto e a partir de ahi traballaremos e xogaremos.

O conto de hoxe é o "Monstruo de cores": este conto falános das emocións e de como nos sentimos.
Despois de escoitar o conto podemos xogar a imitar as emocións e que as nosas familias o adiviñen e tamén podemos xogar a inversa, eles imitan e nos adiviñamos.

Despois de divertirnos un pouquiño debuxamos as emocións en un folio e poñemos o seu nome debaixo. Esta vez os debuxos non requiren tanto esforzo, tan so temos que debuxar caras.

Unha vez feito o traballo podemos recortar os debuxos en forma de tarxetas que poderemos usar outros días.







Almorzo

Os venres a merenda é libre. Podemos elexir!

ED. ARTÍSTICA:

A miña proposta para hoxe é unha actividade que fixemos na clase e gustáralles moito. Con ela taballamos a grafomotricidade.
Deixo un exemplo para ver en que consiste. En cada rectángulo deben debuxar algo distinto, non se poden repetir nin as formas nin as cores. Poden facelas con rotuladores.
Recordade que este tipo de actividades hai que facelas con calma, non se trata de correr para acabar rápido. As veces é mellor descansar un pouquiño e logo retomar a actividade.





Desexo que teñades un bo fin de semana. Unha aperta.





No hay comentarios:

Publicar un comentario