ACTIVIDADES 28-4-2020

28-4-2020

Imos a polo martes !


Rutinas

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

ED. FÍSICA

A profe Paula mostranos unha nova proposta. Ten moitas ganas de veros así que propón que lle enviedes un pequeno vídeo. Pero mirade a suas explicacións para concretar a actividade.


NOVA PROPOSTA EDUCACIÓN FÍSICA


Traballo globalizado: libro de letras

Acordádevos de que estabamos a facer un libro de letra !. Pois hoxe imos porlle unha páxina máis o libro e tócalle o turno a letra  M . Xa sabedes poñemos 2 ou 3 palabras que empecen por esa letra e facemos un pequeno debuxo, ou tamén podemos pegarlle fotos de obxetos que comecen por esa letra.



Matemáticas.

Imos practicar como se escribían os números. 

Poñemos nun folio distintos números olvidándonos de algúns  para que os nen@s os completen .


Póñovos un exemplo para que o entendades mellor. Non é preciso ca imprimades, tan só é para orientarvos.



XOGO DIRIXIDO: 

A miña proposta de hoxe é o xogo de parellas e traballaremos asía a memoria visual

Almorzo

Estamos a martes e toca froita.

CONTO.

Leo tamén quixo contarnos un conto.
Estade moi atentos !!




XOGO LIBRE

BO DÍA A TODOS!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario