ACTIVIDADES 24-4-2020

24-4-2020

Xa é venres !!!! Imos a por el !!!


RUTINAS

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

Conto:

Mateo contános o conto dos 3 porquiños. Estade moi atentos que aínda que xa o coñecemos, escoitar o noso compañeiro vai ser divertido.





Traballo globalizado: tamaños

Despois de escoitar a Mateo, imos traballar o conto  e nos imos centrar nos tamaños: grande , pequeno e mediano. Seguro que si vos fixades ao voso redor mirades moitas  cousas de distintos tamaños.
A miña proposta para hoxe é que escribades GRANDE- PEQUENO- MEDIANO . Cada un en cada papel .
Despois de telos escritos imos buscar tres cousas da casa e poñelas xuntas para poder colocar o nome co tamaño que corresponde. E así varias veces. Podemos ir quitando fotos para que poida ver o voso traballo.

Xogo dirixido

Deixo por aquí uns enlaces a xogos.

XOGO TAMAÑOS E DIFERENCIAS


XOGO TAMAÑOS E FORMAS


Ademáis encontrei esta páxina , dividida por edades , donde hai moitas xogos educativos.
Xa me contaredes !!

COKITOS


ACTIVIDADE PLÁSTICA: 

Como xa é costume os venres adicamos un tempiño a actividades plásticas. Despois de ler o conto dos 3 porquiños , e como non pode ser doutra maneira a nosa manualidade vai ser sobre este lindo animaliño.
Anímádevos! Aquí vos deixo algunhas ideas.









Almorzo

Que ides almorzar hoxe? Podedes elexir.


BO FIN DE SEMANA !!



No hay comentarios:

Publicar un comentario