ACTIVIDADES 20-4-2020

20/4/2020


Comezamos unha nova semana !!!

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


Inglés

Seguimos traballando as cancións que nos deixou o teacher.

COLORS SONG FOR CHILDREN



Traballo globalizado: FORMAS XEOMÉTRICAS

Xa levamos moitos días sen traballar as formas xeométricas. As recordades ? Seguro que sí
Hai algunha que non traballamos, sabedes cal ?




Antes de pornos mans a obra podemos escoitar estas cancións. Seguro que vos gustan e nos axudaran a recordar os nomes das figuras. Ademáis daránnos pistas para o traballo que ven despois.







Agora xa estades listos para comezar!

O traballo de hoxe e buscar pola casa obxetos que teñan as formas xeométricas que xa sabemos. Para amenizar o traballo primeiro comezaremos xogando . Imos dicindo os obxetos con formas por turnos: primeiro o nen@ e despois o adulto. Seguramente así lles resultará máis divertido. Quen encontrará máis ?
Despois de xogar imos traballar. Agora será turno de escribir 2 obxetos con cada forma xeométrica
 ( polo menos as catro formas principais). Primeiro debuxamos a forma xeométrica e logo escribimos as duas cousas que descubrimos.

Para traballar os números podemos contar cantos lados ten cada forma.

Despois de traballar podemos xogar on line coas formas. Apetécevos.


XOGO FORMAS XEOMÉTRICAS

SECUENCIAS FORMAS XEOMÉTRICAS


Almorzo

Os luns toca galletas e cereais.

ESTIMULACIÓN A LINGUAXE ORAL

A profe Paula deixounos novas propostas para traballar. Imos divertirnos un pouco

PROPOSTA ESTIMULACIÓN A LINGUAXE ORAL


CONTO:






ANIMÁDESVOS A CONTARNOS UN CONTO! ESTOUNOS ESPERANDO.

Tan so tedes que traballalo un pouquiño, practicar antes para non confundirnos e que entendan que é o que queremos contar.






No hay comentarios:

Publicar un comentario