ACTIVIDADES 16-4-2020

16/4/2020


Bo día !!
Imos a por un novo día !!


Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


PSICOMOTRICIDADE:

A profe Paula  deixounos un enlace con cousiñas novas.
Clicade e xa o veredes.

Propostas Educación Física


Traballo globalizado: LECTOESCRITURA

Avanzamos un pouco máis. Agora toca o turno  das profesións. Podemos falar sobre as nosas profesións: a que se adica papá, mamá, os tíos , os avós , ...Que instrumentos son necesarios para cada unha delas, en que consisten, ...
Finalmente escribiremos nunha folla: DE MAIOR QUERO SER .... Escribimos a profesión e facemos un debuxo.
Para facer o debuxo os adultos poden ir dirixindonos e así nos quedará moito mellor. Non se trata de que no lo fagan senon de que nos axuden e nos den consellos.

O conto de hoxe vai sobre profesións. Podedes miralo antes de comezar o traballo.


XOGO DIRIXIDO: xogo de parellas

Deixo por aquí un enlace para xogar.

XOGO PARELLAS MINIONS


Tamén podedes xogar cunha baralla de cartas normal, elixindo só algunhas delas.


MATEMÁTICAS: Conxuntos

Facemos conxuntos con cousiñas que temos na casa: pinzas, froita, pinturas, pedras, ... Vos decides que número de cousas ten que ter cada grupo. Unha vez feitos, podemos preguntarnos, cal é o que máis ten , cal é o que menos ten,... comparar entre dous e decir cal e o maior e o pequeno.
Podemos completar a actividade escribindo os números e colocandos ao lado de cada conxunto.


Almorzo

Acordádevos que hoxe toca lácteos.

Conto







ATA MAÑÁ !!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario