ACTIVIDADES 3/04/2020

3/04/2020

Ola a tod@s. Hoxe remata oficialmente o segundo trimestre e  toca descansar un pouquiño das rutinas de traballo diario .  Así que durante uns días, imos  coller forzas para volver con máis ganas e poder facer cousiñas  novas. Aínda que sería interesante que escribades e leades 2 palabras diarias, e fagades algunha que outra suma e resta.


Hoxe , coma é venres, toca manualidade e tamén si vos apetece imos escribir a receita dunha comida ou dun postre para que os nosos compañeiro@s podan facela e probala nestes días de vacacións.

Comezamos o día:

Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

Relixión

Acordádevos das actividades que nos deixou a profe Esther.

ACTIVIDADES RELIGIÓN


Traballo globalizado: RECETA

Temos que escribir a receita dunha comida ou postre que nos guste moito ( alomenos nós escribirimos os ingredientes) e para explicar a elaboración nos pode axudar  a nosa familia.
Unha vez escrita , a profe colgará no blogue as fotos para que os nosos compañeiros se animen a facela e a contarnos o rica que estaba.
Nestas vacacións, imos poñernos as botas !!!







MANUALIDADES

Día de manualidade.
Deixovos por aquí fotos dalgunhas manualidades de Pascua, por si os animades a facelas.
Podedes elexir outras, eu tan só poño exemplos.

Non vos olvidedes de compartilas !!












DESEXO QUE TEÑADES UNHAS BOAS VACACIÓNS ,AÍNDA QUE SEXAN NA CASA!

UNHA APERTA MOI FORTE !







No hay comentarios:

Publicar un comentario