ACTIVIDADES 21 /04/2020

21/4/2020


Bo día !!
Imos a polo martes !!


Rutinas:

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


PSICOMOTRICIDADE:

Propostas Educación Física


Traballo globalizado: LECTOESCRITURA

Tócalle o turno a lectura. Imos leer algunhas palabriñas que conteñen as letras que traballamos:

Debedes escribir nun papel palabras en maíúsculas e os nen@s teñen que intentar lelas.
Algunhas delas poden ser: TOMATE- TATATA- LATA- MOTO- FILA- SUMA - SOFÁ- PELOTA- PALO- MULA- FAMA- SETA- SOPA- ...

Incluso podemos intentar ler algunha pequena frase:

O OSO TOMA TÉ
SUSI TEN SETE MOTOS
MELISA SAE DE PASEO.
O SAPO É FEO.

Para os nen@s de 4 anos : Escribimos nun papel as sílabas: PA- PE- PI - PO - PU. Eles teñen que lelas. Primeiro dicimos nos a sílaba e eles a buscan e despois nos sinalamos e eles dín cal é. Tamén podemos animarnos a buscar palabras que empecen por cada unha das sílabas.


XOGO DIRIXIDO: ENCONTRA OS OBXETOS PERDIDOS 

Imos xogar a encontrar nestas láminas os obxetos  perdidos.
Seredes capaces de atopar todos?








MATEMÁTICAS:  SUMAS

Practicamos sumas

Almorzo

Acordádevos que hoxe toca lfroita.

Conto


Hoxe Lucía vainos contar un conto. Estade moi atentos que o fixo xenial !






Ah! RECORDADE A PROPOSTA DA BIBLIO

CUBERTAS CREATIVAS


No hay comentarios:

Publicar un comentario