ACTIVIDADES 29-4-2020

29-4-2020

Ola chic@s ! Imos a polo mércores !


Rutinas

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


Traballo globalizado: lectoescritura. PARA IR DE EXCURSIÓN PRECISO ...


Imos a poñer a traballar a nosa imaxinación.  


Tedes que imaxinar que ides a dar un paseo polo bosque un día de moita calor. Vades a pasar alí toda o día,  observando e descubrindo todos os animaliños que alí viven. Para esa excursión tan só podedes levar unha mochila pequeniña. Qué meteriades dentro ? Pensade ben as cousas que realmente os farían falta. 
Despois de ter claro que cousiñas levaríamos con nós, escribideas nun papel. Se vos apetece tamén podedes facer un debuxiño da vosa saída o bosque.


Matemáticas.

Recordades , cando traballamos a descomposición dun número , pois hoxe imos repetilo para que non se nos esqueza como se facía.






XOGO DIRIXIDO: Veo , veo  con palabras.


Veo, veo,
que ves ?
unha cousiña
e que cousiña é ?
Empeza pola letra .....


Almorzo

Os mércores toca bocata. Recordade que podedes axudar a preparalo.

CONTO.








XOGO LIBRE

XA QUEDA MENOS !!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario