ACTIVIDADES 27- 4-2020

23-4-2020

Comezamos unha nova semana !! Imos alá !!


Rutinas

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

CONTO.

Tócalle o turno a Izán, que tamén elexiu o conto dos tres porquiños.
Abride ven as orellas e os ollos  que o conto vai comezar.








Traballo globalizado: ANIMAIS DA GRANXA


O igual que fixemos cos animais salvaxes imos falar sobre eles:

Hoxe tócalle o turno os ANIMAIS DE GRANXA, porque como sabedes os porquiños viven na granxa. Sabedes que outros animais viven na granxa ? Quen os coida ? De que se alimentan ? Son perigosos ? Cantas patas teñen ? As crías se lle chaman a todas igual ? A diferencia dos animais salvaxes, producen algún alimento ? Que alimentos nos dá cada un ? Como se chaman as persoas que o coidan?
Podemso aproveitar e falarlle da alimentación dos animais: hervívoros, carnívoros e omnívoros, para que pouco a pouco lles vaia soando.

Este vídeo  fala das curiosidades dalguns animais de granxa, seguro que se sorprenden.






A actividade consiste en debuxar tres animais e escribir o seu nome, se nos apetece podemos dicir algunha cualidade de cada un deles.


PELO:

A proposta da profe Paula para esta semana é a seguinte:
Aproveitando que o  pasado xoves foi o día do libro, esta semana traio como proposta a lectura dun conto : " NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA, de Pablo Nogueira e ilustracións de Manuel Uhía, de Baía Edicións. Agradecendo dende aquí ó seu  autor por prestar a súa obra de forma libre en estos momentos. Trátase dun conto ideado ó mesmo tempo para estimular a linguaxe oral na educación infantil, invitando o nen@ a participar nel.
Agardo que vos guste moito.




Neste enlace hai máis información: as imaxes do conto, un audio, etc PINCHA AQUÍ



XOGO DIRIXIDO: palabras encadeadas

Xa coñecemos o xogo 

Almorzo

Os luns toca galletas e cereais.

XOGO LIBRE

BO DÍA A TODOS!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario