ACTIVIDADES 12-5-2020

12-5-2020

Bo día familia !!!
Comezamos un novo día!


RUTINAS

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

TEMPO DE LER

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

ED. FÍSICA

Neste enlace están as actividades que propón a profe Paula para estas duas semanas

Propostas E.F.

Ademáis despois de recibir os  vosos exercicios creou un vídeo,. Mirade que chulo quedou !!!.





TRABALLO GLOBALIZADO: LECTOESCRITURA

5 ANOS 

Imos traballar co nome do noso cole.  Debemos escribir  o nome do cole nun papel e logo escribir, dibuxar, recortar ou pegar algunha palabra que empece por cada unha das súas letras.






4 ANOS

Nós imos facer o mesmo pero co nome de PEPA.









MATEMÁTICAS: NÚMERO ANTERIOR E POSTERIOR

Imos traballar os conceptos de máis que e menos que. Para iso debemos facer conxuntos de elementos, a lo menos 5 ou seis . Despois preguntaremos : Cal é o conxunto que menos elementos ten, e o conxunto que máis ten? Que temos que facer para que un conxunto calquera ( Conxunto que debe sinalar o adulto )teña máis elementos? E se queremos por dous conxuntos cos mesmos elementos que podemos facer? Tamén podemos xogar a ordenar os conxuntos de maior a menor e de menor a maior.

Trátase dun xogo manipulativo polo que sería convinte que os conxuntos os fagades con cousas que teñades na casa: conxuntos de pinzas, pinturas, moedas, ...



ALMORZO

Os martes era o día de froita.


EXPERIMENTO:TINTA INVISIBLE

Imos probar se somo capaces de escrribir mensaxe secretos? Espero os vosos vídeos.











Se vos apetece mandade os vosos vídeos!!

ATA MAÑÁ!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario