ACTIVIDADES 25-5-2020

ACTIVIDADES  25/5/2020

Ola familias! Que tal o fin de semana ? Espero que ben, desfrutando destes días de calor.

Hoxe, como vos prometín,  imos  traballar EXIPTO, e con este proxecto, necesito,máis se cabe, a axuda dos adultos, pois moitos dos contidos se traballaran a base de vídeos que teredes que ir parando e explicando.
Primeiro coma sempre facemos as rutinas e lemos un pouquiño e logo, comezamos

Rutinas

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


Traballo globalizado:

Recordamos a través dalgunhas fichas que xa fixemos aspectos sobre Exipto








A bandeira de Exipto ten o cor VERMELLO ( pola cor do deserto do Sahara ) e NEGRA ( pola cor do limo , que é o barro que queda nas orillas do río despois dunha subida de auga.


Despois de recordar estas cousiñas imos volver ver o vídeo sobre o Antiguo Exipto. Hoxe prestaremos especial atención a parte donde nos fala da importancia do río para o pobo Exipcio.





Unha vez finalizado o video imos a charlar sobre el e despois completaremos a actividade que ven a continuación. A actividade podedes adaptala as particularidades de cada nen@: poden intentar escribir eles soiños algunhas palabras, copiar o que escribe o adulto, completar as palabras coas vogais que faltan.


PELO

Xa temos as novas propostas da profe Paula para esta semana.

PROPOSTA PELO


ACTIVIDADES LÓXICO - MATEMÁTICAS


Repasamos as series con xogos


SERIE 1

SERIE 2


ALMORZO

Día de galletas e cereais




Unha aperta moi grande!!!












No hay comentarios:

Publicar un comentario