ACTIVIDADES 21 -5-2020

21-5-2020

Ánimo ! Xa estamos a xoves !!

RUTINAS

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

TEMPO DE LER

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


TRABALLO GLOBALIZADO: LECTOESCRITURA

Imos por a proba a nosa imaxinación. Debemos crear un personaxe que neste caso será un monstruo. Unha vez que o teñamos debuxado e coloreado imos a escribir sobre él. Algunhas das cousas que podemos contar son as seguintes: como se chama , de que cor é , cantos ollos ten, cantos cornos ten, que lle gusta facer,... e outras cousas que vos apeteza contar.
Non fai falta que escriban todo , podemos facer unha ficha para completar e que eles escriban algunhas cousas. Adaptamos a ficha a cada un dos nen@s.










MATEMÁTICAS:FIGURAS XEOMÉTRICAS

Toca repaso de sumas e restas.
Deixo por aquí un modelo de fichas para quen se anime.






ALMORZO

Día de lácteos




XOGO DIRIXIDO:

Deixo dos enlaces a puzzles que podedes facer online.

Puzzle Rapunzel

Puzzle Cerdito





ATA MAÑÁ!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario