ACTIVIDADES 5-5-2020

5-5-2020

Bo día familia !!!
Comezamos un novo día!


RUTINAS

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

TEMPO DE LER

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...

ED. FÍSICA

Aínda estamos a tempo para mandar os vídeos.

TRABALLO GLOBALIZADO: LECTOESCRITURA


O traballo de lectoescritura para hoxe vai ser xogando. Seredes capaces de atopar obxetos que empecen por cada letra que traballamos? Seguro que sí!!! Este xogo é fantástico para que os nen@s vaian asociando a grafía co fonema, e vaian adquirindo conciencia fonolóxica.






Aquí tedes un exemplo de como podedes facer. Os nen@s de 5 anos que busquen obxetos que empecen por cada unha das letras que traballamos ( L-P-M-S-T-D-F-J ) aínda que se queredes buscar máis sen problema. Os nen@s de 4 anos que busquen obxetos que empecen polas vogais e pola letra P, e o igual que os de 5 anos podedes buscar obxetos que empecen por outras letras, posto que moitas xa as coñecemos.
Xa me contaredes como foi a vosa búsqueda.




MATEMÁTICAS: NÚMERO ANTERIOR E POSTERIOR

Imos traballar o concepto de antes e despois, e que mellor forma que xogando cos números. Fíxadevos no modelo, recordade que non fai falla imprimir o podedes facer máis sinxelo na casa. Colocade os números que vos vexades apropiados para cada nen@. Os nen@s de 4 anos mínimo ata o número 10 e os de 5 anos podemos intentar chegar ata o 20.








ALMORZO

Os martes era o día de froita.


EXPERIMENTO


Hoxe imos cambiar a nosa rutina, e no lugar de ver un conto imos ver un vídeo sobre un experimento que podedes facer na casa . Estade moi atentos.

Tan so precisamos:

- Un pano do rolo de papel de cociña ou unha servilleta
- Rotuladores de cores
- Auga
- Recipiente plástico ou cristal , ou similar para poder colocar o debuxo.




Se vos apetece mandade os vosos vídeos!!

ATA MAÑÁ!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario