ACTIVIDADES 20-5-2020

20-5-2020

Ola familia!! Imos a por un novo día !


RUTINAS

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

TEMPO DE LER

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


TRABALLO GLOBALIZADO: LECTOESCRITURA

Imos a por unha actividade diferente. Hoxe imos escoller un grupo de palabras e inventar unha historia. Podemos grabar un audio para despois colgalo no blog e que todos os nosos compañeiros escoiten a nosa historia.
Escollemos so un grupo. Cada grupo esta dunha cor diferente.

BARCO- PRAIA- SOL-AUGA

AVIÓN- CEO- NUBES- MALETA

MOTO- AMIGO- CASCO- RODA

Os nen@s de 5 anos poden intentar ler solos as palabras e aos nen@s de 4 anos lla le os adultos.


MATEMÁTICAS:FIGURAS XEOMÉTRICAS

Os mércores é día de formas xeométricas.

Deixo por aquí ideas de xogos para practicar as formas xeométricas. Son suxerencias



  • Estampamos formas xeométricas nun folio empregando rolos de papel hixiénico.





  • Botamos fariña, pan raiado, area nun tina ou cunco e debuxamos as formas xeométricas que máis nos gustan.
  •  Antes de botar fariña ou similar nunha fonte debuxamos as figuras xeométricas nun papel. Tapamos o folio coa fariña e logo xogamos a descubrilas.





  • Creamos formas xeométricas con palillos e plastilina 







ALMORZO

Veña, temos que preparar o bocata !!



CONTO : O GATO LAMBÓN














ATA MAÑÁ!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario