ACTIVIDADES 28/5/2020

21-5-2020

Ánimo ! Xa estamos a xoves !!

RUTINAS

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

TEMPO DE LER

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


TRABALLO GLOBALIZADO: LECTOESCRITURA

Onte estivemos traballando un pouquiño sobre os faraóns. Como xa sabedes os faraóns mandaban construír pirámides para que cando morreran se puideran enterrar ahi. Podemos dicir que as pirámides eran as tumbas dos faraóns.

Neste vídeo falánnos das pirámides e das momias.




En Exipto destacan tres pirámides moi importantes KEOPS, KEFRÉN E MICERINOS. 

A tarefa para hoxe consiste en completar a ficha seguinte. Como os nomes das pirámides son difíciles de escribir para eles, podemos xogar coas letras. Debuxamos cada letra nun papeliño para que eles teñan que buscalas e ordenalas ata formar o nome. Decidide vós como os sexa mási fácil, facendo calquera adaptación a proposta.




MATEMÁTICAS:

Son enlaces a  fichas interactivas


Indica cal é o número maior

Qué figuras forman a pirámide ? 


 ALMORZO

Día de lácteos



ATA MAÑÁ!!!   XA QUEDA MENOS !!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario