ACTIVIDADES 4 - 4- 2020


Ola familias! Que tal o fin de semana ? Espero que mellor , parece que o final vaise acercando.
Comezamos unha nova semana.! Ánimo a todos !


Rutinas

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


Traballo globalizado: lectoescritura letra J. 

NEN@S 5 ANOS

Imos aprender unha letra novaa letra J, como sempre en maiúsculas . Empezaremos ensinando como "fala" ela sola  para despois ir xuntandoa coas vocais .
Despois de traballar os sons, faremos unha nova folla do noso libro de letras: debuxaremos 2 ou 3 cousas que empecen pola "J" e escribiremos o seu nome.

NEN@S DE 4 ANOS

Repasaremos a letra P.  Escribiremos en diferentes papeles as sílabas : PA-PE-PI-PO-PU e as xunraremos formando palabras. Podedes sacarlle fotos para ensinarmas.

Quen se anime tamén pode facer a tarefa da "leta J"


DEIXOVOS ALGUNHAS CANCIÓNS DA J E DA P  PARA ANIMAR UN POUCO O DÍA











MATEMÁTICAS: SERIES

Xa fai bastantes días que non traballamos as series. Imos facelas de 3  elementos. Intentade que os elementos que escollemos sexan bastantes numerosos, para poder facer moitas repeticións e conseguir así que os nen@s manteñan a atención durante algún tempo. Os elementos deberían repetirse entre 7 e 8 veces cada un.

PELO: Programa de estimulación a linguaxe oral 

Aquí están as propostas da profe Paula para hoxe.


PELO



Almorzo

O almorzo dos luns é galletas e cereais.


CONTO.

A proposta para hoxe é " O pez Arcoiris "






E xa sabedes se vos apetece facede un debuxo de este pez tan  cheo de cores e brillantes



XOGO LIBRE

ATA MAÑÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario