ACTIVIDADES 19-5-2020

19-5-2020

Bo día familia !!!
Comezamos un novo día!


RUTINAS

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

TEMPO DE LER

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


TRABALLO GLOBALIZADO:MEDIOS DE TRANSPORTE

Imos xogar cos nomes dos medios de transporte. Os adultos escribiran as sílabas de cada medio de transporte en diferentes papeliños e  os mezclaran todos. Os nen@s deberan ir escollendo as sílabas que necesitan  para formar os distintos nomes.


Para os nen@s de 4 anos imos poñerllo un pouqiño máis fácil. Os adultos facilitaranlle o nome do medio de transporte e logo eles trendrán que buscar a sílaba igual.






MATEMÁTICAS: NÚMERO ANTERIOR E POSTERIOR
Imos traballar o concepto de de anterior e posterior: podemos facelo escribindo os números nun papel  ou xogando cos tapóns das botellas e facendoo así un pouco máis lúdico. Pensade que se facemos os números nos tapóns ou algo similar os podemos gardar para outra ocasión.

Recordade ademais que elexides vós os números a traballar e que non fai falta imprimir.












ALMORZO

Os martes era o día de froita.


EXPERIMENTO:TINTA INVISIBLE

O experimento de hoxe é moi faciliño. Tan so precisamos: auga, un vaso, unha carta, sobre ou cartulina e unha fonte. Apetécevos probar ?







Se vos apetece mandade os vosos vídeos!!

ATA MAÑÁ!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario