ACTIVIDADES 6-5-2020

6-5-2020

Ola familia!! Imos a por un novo día !


RUTINAS

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

TEMPO DE LER

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


TRABALLO GLOBALIZADO: LECTOESCRITURA

Imos traballar a conciencia silábica, e un pouco complicadiño pero estou seguro que como sodes uns campe@ns o ides lograr.
Temos que buscar palabras que teñan 2 sílabas e 3 sílabas. Para saber cantas sílabas ten, temos que dar unha palmada por cada unha das sílabas que escoitemos.
Para facilitarlle o traballo @s nen@s podemos seleccionar imaxes  que teñan eses números de sílabas ou obxetos, e logo eles facer dous grupos. Para facer máis completa a tarefa poden escribir 2 ou 3 palabriñas de cada grupo.
Póñovos un exemplo das imaxes que podedes utilizar. Podemos escoller xoguetes tamén.



MATEMÁTICAS: Completamos ata chegar o número desexado .

Completamos os conxuntos ! Nos fixamos na cantidade que teñen e debuxamos ata completar o número que nos manda.
A ficha que poño é o modelo ( non me canso de dicir que non é para imprimir  senon para orientarnos) E coma sempre elexide vos os números aos que queredes que cheguen. Tamén pode ser manipulativo e non de debuxar.




ALMORZO

Veña, temos que preparar o bocata !!


CONTO : LA VACA QUE PUSO UN HUEVO







ATA MAÑÁ!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario