ACTIVIDADES 14-5-2020

14-5-2020

 Ola a tod@s!

Hoxe imos adicar o noso traballo as Letras Galegas. Como xa sabedes as Letras Galegas celébranse o 17 de maio, que este ano é domingo. O autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero . Cos traballos que fagamos  o Equipo de Dinamización e Normalización fa lingua galega da nosa escola fará un video.






Despois de facer as nosas rutinas imos escoitar uns videos sobre a súa vida e obra.


RUTINAS

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

TEMPO DE LER

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


TRABALLO GLOBALIZADO:LETRAS GALEGAs

Como vos dixen fai un momentiño, hoxe imos coñercer mellor o autor homenaxeado nas letras galegas: RICARDO CARVHALO CALERO. Deixo por aquí uns preguntorio musical que nos fala da súa obra dunha forma moi animada .





Unha das obras máis coñecidas de Carvalho Calero é a súa obra " As pitas baixo a choiva" . O ceip Vilaverde Mourente fixo unha adaptación en forma de conto sobre esta obra.
Estade moi atentos. Espero que vos guste.



Ademáis o seminario Galán pon a nosa disposición un montón de recursos para traballar o autor. Deixovos por aquí por se queredes facer algún deles. Tamén hai recursos online.

ACTIVIDADES LIM 5º INFANTIL
ACTIVIDADES PARA IMPRIMIR 5º INFANTIL 
ACTIVIDADES LIM 6º INFANTIL
ACTIVIDADES PARA IMPRIMIR 6º INFANTIL 



O traballo para hoxe consiste en facer algunha das actividades que vos suxiro a continuación, tendo en conta que debemos escribir sempre o nome do autor homenaxeado.

- Facer un debuxo do autor
- Debuxar a bandeira de Galiza
- Facer un cartel decorando o nome do homenaxeado.
- Debuxar a portada da súa obra " As pitas baixo a choiva ". Neste caso non fará falla escribir o nome do autor posto que xa vamos escribir o título da obra.
- Algunha outra actividades que se vos ocorra e este relacionada con este día.

Tamén é importante que debaixo da actividade escribades o voso nome, para que logo, cando fagan o vídeo se saiba de quen é cada debuxo.


ED MUSICAL

Neste enlace podedes acceder a  tarefa que nos manda a profe Patri para estas 2 semanas.

Tarefa Música



ALMORZO

Día de lácteos !!






ATA MAÑA !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario