ACTIVIDADES 1-6-2020

ACTIVIDADES  1/6/2020

Ola familias! Que tal o fin de semana ? Espero que desfrutarades desta calor, aínda que fixo demasiada.

Xa estamos en xuño ! Xa queda menos !
Durante este mes e despois de ver o ben que traballaron estes nen@s durante todo este tempo,  proporei actividades moi sinxelas que poidan facer rápido e que lle axuden a repasar contidos a vez.
Cada actividade contara co enlace para que poidades facer online ( dende o móbil, tablet, ordenador, ...) e coa imaxe para os que prefirades facelas en papel.
Desexo que así os días que faltan para rematar o curso o pasen da mellor forma posible, xogando sen deixar de traballar.



Rutinas

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


Traballo globalizado:

Os nen@s de 5 anos  practicamos a lectura.


Para os nen@s de 4 anos  : completamos as vogais






ACTIVIDADES LÓXICO - MATEMÁTICAS


Repaso de series



SERIES


PELO

Xa temos a nova proposta da profe Paula

PROPOSTA PELO


ALMORZO

Día de galletas e cereais




Ánimo! Xa non queda nada !!











No hay comentarios:

Publicar un comentario