ACTIVIDADES 18/5/2020


ACTIVIDADES 18/5/2020

Ola familias! Que tal o fin de semana ? Recordade que hoxe as 16:30  temos videoconferencia.

Rutinas

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


Traballo globalizado: lectoescritura 

O tema que propoño para hoxe son os medios de transporte:

Deixo por aquí un video que nos fala sobre eles.




Despois faremos un debuxo, indicando os transportes que van por cada medio: aire, terra e auga. Escribindo o nome debaixo de cada debuxo. Non fai falta escribir o nome de todos.






MATEMÁTICAS: SERIES

Os luns toca traballar series

Imos xogar con algo que temos na casa : pinzas da roupa. Debemos facer unha serie usando pinzas da roupa e podemos facela de dous ou tres elementos. Quen conseguirá a serie máis longa ? Ademáis despois podemos contar cantas pinzas de cada cor empregamos ou cantas empregamos en total .




PELO

Xa temos as novas propostas da profe Paula para esta semana.

ACTIVIDADE PELO

ALMORZO

Día de galletas e cereais

CONTO


















No hay comentarios:

Publicar un comentario